
ANPA DO IES DO MILLADOIRO
Quen somos
Somos unha Asociación sen ánimo de lucro pertencente ao ámbito da Comunidade Educativa, integrada por todos aqueles pais e nai de alumnos que voluntariamente desexen asociarse compartindo, participando e impulsando o noso proxecto.
Os nosos obxectivos son:
- Defender os intereses das familias dos alumnos e alumnas.
- Asesorar, orientar e axudar as familias, na defensa e exercizo dos dereitos dos alumnos/as e o mellor cumprimento dos seus deberes.
- Promover que as autoridades competentes adopten medidas para a permanente mellora da educación do alumnado e do centro educativo.
- Representar os pais e nais de alumnos e alumnas.
- Desenvolver actividades formativas dirixidas tanto ás familias, como ao alumnado.
O que facemos
Para cumprir os nosos obxectivos somos canle de diálogo entre os pais e as nais dos alumnos e as autoridades educativas estando en constante comunicación co Centro educativo a fin de desenvolver todas aquelas actividades que contribúan ao logro da mellora continua da educación. Organizamos actividades formativas extraescolares sobre os máis diversos temas estando abertos a calquera suxestión que os nosos asociados poidan facernos chegar. De igual forma contribuímos a outras actividades que aumentan o grao de satisfacción da comunidade educativa (participación en gradacións, orlas, etc.).
Xunta Directiva
Como todas as Asociacións, a nosa ANPA legalmente necesita unha serie de persoas que voluntariamente e sen remuneración de ningún tipo se ofrezan a representala. Estas persoas son confirmadas pola Asemblea de socios e desenvolven as súas funcións no marco dos Estatutos que regulan o funcionamento da Asociación. A nosa actual Xunta directiva está formada por:
- Presidencia: Mª Belén Carneiro
- Vicepresidencia: Rebeca Piñeiro
- Secretaría: Juan Manuel Oliveira
- Tesouraría: Marta Rodríguez
- Vogalías: Verónica Vargas, Marisa González, Susana Fernández e Fernando A. Pizarro.
Beneficios e procedemento para se asociar
Cada familia ten unha motivación para asociarse pero o nexo común que nos debe unir é a preocupación pola mellora continua da educación logrando o desenvolvemento das oportunidades para os nosos fillos.