Queridas familias:
Dende o noso nomeamento, na xunta estivemos traballando arreo para cumprir os compromisos contraídos na Asemblea Xeral.
Os día 8 e 15 de novembro mantivemos sendas reunións coa dirección do centro nas que lles transmitimos as inquedanzas que as familias nos fixeron chegar. O día 10 de novembro, celebrouse un Consello Escolar sobre os cambios no equipo directivo do centro ao que asistiu a representante da ANPA.
Nos próximos días, enviaremos por correo electrónico información detallada sobre o que se tratou nesas reunións e no Consello Escolar ás familias das que teñamos os datos de contacto actualizados (estamos a traballar para poñer ao día o libro de socios). Se algún(algunha) socio(a) non a recibira e quere solicitala, pode escribir a anpadoiesdomilladoiro@gmail.com.
Saúdos,
A Xunta Directiva