Estimadas familias:
Alégranos moito informarvos de que “AMPAMILLA” organiza a “Festa do nacemento da luz”, que nace con vocación de converterse nun acto anual. O día 21 de decembro é o solsticio de inverno e de aí o nome, xa que é unha data na que comeza a haber máis luz durante as horas do día. Ao coincidiren co último día de aulas, é unha ocasión moi boa para facer balance do ano (festexando 12 cousas que conseguira o centro ao longo do ano) e fixar os propósitos para o novo ano (cun mural dos desexos que creará o alumnado e que pode seguir presente para que vexan se efectivamente se chegan a facer realidade).
Repartiremos bolsiñas con 12 gominolas (sen alérxenos) e chocolate quente (sen gluten e sen lactosa). Será unha forma de que o alumnado marche de vacacións cun bo sabor de boca.
A festa terá lugar o día 21 de decembro, de 12.50 a 14.30 h. Como vos imaxinaredes, toda axuda será benvida. A ANPA estará no IES de 09.00 a 15.30 h para organizar, montar, festexar e recoller. Aquelas familias que queiran e podan pasar polo centro nalgún momento para botar unha man (a primeira hora para montar, durante a festa para axudar, logo da festa para limpar) poden escribir ao noso enderezo anpadoiesdomilladoiro@gmail.com. Deste xeito organizaremos mellor a loxística, montaxe, limpeza e recollida.
Grazas de antemán pola vosa colaboración.
A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro (“Anpamilla”)