REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DO IES DO MILLADOIRO
O Anpa do IES do Milladoiro empraza a todas as familias a unha reunión informativa, o vindeiro xoves 14 de marzo, ás 19.00 horas, no auditorio dá Casa de Cultura.
A finalidade de organizar esta reunión, ademais de informar, é escoitar as principais preocupacións das familias, coa fin de recoller as súas principais demandas en relación cos problemas existentes no noso centro.
Pregamos a máxima asistencia, tanto de familias asociadas como NON ASOCIADAS Á ANPA, xa que nos gustaría escoitar a todos/as interesados/as.
Grazas pola colaboración.
A Xunta Directiva do IES do Milladoiro