Saltar ao contido

Desmentido

    IMPORTANTE

    A ANPA do IES do Milladoiro (“Anpamilla”) DESMINTE a convocatoria xunto cos sindicatos dunha concentración de profesorado o luns día 18, ás 8.30 am, diante do IES do Milladoiro.

    Todo aquel que desexe apoiar esta concentración do profesorado está obviamente no dereito de facelo pero NON é algo promovido dende a ANPA.

     

    Asemade, logo da reunión informativa das familias celebrada onte, queremos informar de que o martes, 19 de marzo, pola mañá, vannos recibir o inspector responsable do noso centro e o Xefe Territorial do Servizo de Inspección para manter unha reunión.

     

    A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro (“Anpamilla”)