Información sobre o proceso de inspección do IES
Estimadas familias:
Sabemos que hai moita expectación sobre o proceso de inspección do noso centro, polo que queremos trasladarvos o seguinte:
– Segundo a nosa información, este proceso desenvolveuse ao longo de dúas semanas e o equipo de inspectores xa entregou o seu informe ao Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa .
– Os inspectores falaron cunha ampla representación da comunidade educativa que incluíu á ANPA. Tivemos ocasión de trasladarlles, tanto nunha reunión como a través dun pormenorizado informe escrito, as irregularidades e os problemas detectados pola ANPA e denunciados polas familias .
– Solicitamos unha cita co Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa para coñecer as conclusións e propostas que teñen, vista a información transmitida polos inspectores que traballaron no centro, e xa nos responderon. Estamos cadrando as datas, polo que a reunión terá lugar nos próximos días.
– Logo desa cita, informaremos de novo ás familias para valorar se son necesarias máis accións conxuntas .
Grazas pola vosa paciencia e polo apoio recibido neste proceso.
Saúdos,
A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro