AVISO IMPORTANTE: OBRIGA DE CONFIDENCIALIDADE, COMUNICACIÓNS POLO BOLETÍN
Estimadas familias:
Fixéronnos chegar unha nova en prensa baseada no comunicado remitido pola ANPA ás familias asociadas o día 4 de maio por correo electrónico. Esta mensaxe está suxeita á norma de protección de datos, como indica a cláusula legal que incluía, na que se advirte que se trata dun “ correo electrónico […] de uso exclusivo del destinatario, quedando prohibida su divulgación, copia o distribución a terceros sin la autorización expresa del remitente.”
A información que figura na nova non foi transmitida á prensa pola Xunta Directiva da ANPA, que quere lembrar ás familias asociadas as obrigas que lles corresponden en materia de confidencialidade respecto á difusión dese tipo de informacións.
Pedimos a todos os membros da comunidade educativa que respecten a vontade manifestada maioritariamente polas familias na reunión de marzo para evitar rumoroloxía, interpretacións erróneas ou usos da información contrarios aos intereses e o benestar do alumnado.
Esperamos vervos o día 13 de maio, ás 20.00 horas, no Salón de Actos da Casa de Cultura do Milladoiro.
Grazas pola vosa colaboración.
Saúdos,
A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro (“Anpamilla”)