Saltar ao contido

BANCO DE LIBROS II

    BANCO DE LIBROS II

    Agardamos que a rapazada tivese un bo comezo de curso. 😊

    Aclaramos información sobre o banco de libros, porque parece que o noso comunicado anterior pode ter xerado algún malentendido.

    O único banco de libros dispoñible no IES é o fondo de libros da Consellería, que xestiona o centro. O prazo de solicitudes xa rematou, salvo para circunstancias excepcionais que terán que acreditarse e consultarse co centro.  

    Aquelas familias que o desexen poden facer doazóns a este  banco. Eses libros empregaríanse no futuro para substituír os que estean en mal estado e serían cedidos en préstamo ás familias solicitantes nos prazos e segundo os criterios que establece a Consellería.

    A ANPA non ten actualmente Banco de libros. Trataremos este tema polo miúdo na próxima Asemblea Xeral de socios/as, na que estamos traballando para poder celebrala canto antes.

    Grazas e perdoade as molestias.

    Xunta Directiva do IES do Milladoiro