Prezadas familias:
O pasado curso, a comunidade educativa conseguiu cambios importantes no noso IES, entre outras cousas, grazas á unión das familias nunha ANPA forte que transmitiu as súas inquedanzas á Administración polas canles axeitadas e dun xeito unívoco e eficaz.
Agora é o momento de consolidar eses cambios e conseguir que as melloras aumenten, se asenten e perduren. Para iso, necesitamos que vos asociedes.
Vantaxes:
–Representación e defensa dos vosos dereitos como familias, de xeito informado, entre outras cousas a través do Consello Escolar.
–Acceso a información importante, asesoramento en cuestións sobre o centro, así como sobre a participación que corresponde ás familias, a través dun debate construtivo e participativo nas Asembleas Xerais.
–Fortalecemento da comunidade educativa e participación en actividades complementarias dentro do centro (festexos e actividades socio-culturais a través dunha labor voluntaria das persoas asociadas).
Cantos máis sexamos, máis melloras conseguiremos. Únete a nós neste esforzo. Agardámoste.
A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro