Desde a Biblioteca queriamos transmitir esta información a todas as familias, en particular ás de 1º de ESO:
En breve presentaremos a solicitude para participar na convocatoria de Clubs de lectura. Animamos á participación do alumnado para poder formar varios clubs de linguas e temáticas diferentes. É unha actividade interesante para favorecer a sociabilidade, compañeirismo e creatividade do alumnado.
Participaremos tamén na convocatoria do proxecto “Radio na biblio” e Bibliotecas Solidarias (alumnado colaborador coa biblioteca).
Desde o centro intentamos ter suficientes recursos, sobre todo das lecturas obrigatorias e recomendadas polo profesorado de cada departamento. Para unha maior eficacia no uso destes recursos, precisamos da súa colaboración. É conveniente que respecten o prazo de devolución e que comprendan que as lecturas obrigatorias, que se prestan por un prazo de 14 días, non sempre será posible renovalas.
A semana próxima, se fose posible, iniciarase a Formación de usuarios en colaboración das titorías de 1º de ESO, co obxectivo de que o alumnado coñeza a biblioteca e poida acceder aos seus recursos, así como aos catálogos doutras Bibliotecas públicas. Sería tamén interesante que contasen co carné da Biblioteca Municipal do Milladoiro.