Prezadas familias:
A Xunta Directiva da Anpa do IES do Milladoiro (“Anpamilla”), convoca a Asemblea Xeral Ordinaria:
Día: Mércores, 6 de Novembro de 2024
Lugar: “Salón de actos do IES do Milladoiro”
Hora: 18:00 h en primeira convocatoria, 18:30 h en segunda convocatoria.
Orde do día
- Aprobación, se procede, da acta da última asemblea
- Aprobación, se procede, da Memoria de actividades e contas curso 23-24
- Presentación do Programa de Actividades
- Rogos e preguntas
A Xunta Directiva da Anpa do IES do Milladoiro (“Anpamilla”)
NOTA SOBRE O HORARIO DAS ASEMBLEAS:
A lei obríganos a deixar un prazo de media hora entre a primeira e a segunda convocatoria, por iso puxemos a primeira convocatoria para as 18.00. Sen embargo, como nunca se cumpre o quórum, non poderemos comezar ata as 18.30 h. Polo tanto, pedimos ás familias que se presenten con tempo para poder comezar ás 18.30 puntualmente e que as asembleas non se prolonguen máis alá de dúas horas en total.
Grazas pola vosa colaboración.