Saltar ao contido

Festa da Luz

    MARCHAMOS DE VACACIÓNS CUNHA GRAN FESTA DA LUZ

    Rematamos o trimestre cunha festa ben merecida. Parabéns a todo o alumnado, o profesorado e as familias voluntarias que fixeron posible unha xornada de despedida ata o próximo ano de moita ledicia e diversión.

    Grazas polo esforzo. Orgullo dun alumnado fantástico que desfrutou da música, do chocolate, dos doces e de todas as actividades que levou a cabo o centro (entrevistas na Radio, amenización musical da que se encargaron tres membros do alumnado, experimentos e demostracións do Clube de Ciencias, teatro, creación de chapas, show cooking).

    Agora toca descansar e coller forzas para o ano novo.

    Recibide os nosos mellores desexos para o 2025.

    Apertas.

    A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro (“Anpamilla”)