A TÚA VOZ IMPORTA – ENQUISA “DENDE O MILLADOIRO PARA O MILLADOIRO”
Prezadas familias:
Fainos moita ilusión presentarvos esta iniciativa que ten por obxectivo recoller os datos e as opinións das familias para configurar unha imaxe real do tipo de poboación do noso IES, así como dos seus intereses, preocupacións e inquedanzas sobre a educación que se imparte no IES do Milladoiro. A finalidade é que sexan as propias familias as que alcen a voz para dicir como son e que tipo de centro educativo queren.
Podedes participar accedendo a esta ligazón: https://es.surveymonkey.com/r/SDVGWPH
É unha enquisa anónima, aberta a todas as familias. Non recollemos datos persoais, solo datos xerais agregados. Só se tarda 5 minutos en responder e podedes facelo ata o día 31 de marzo.
Pregamos que sexa un esforzo familiar conxunto no que se implique ao alumnado á hora de responder ás preguntas.
Faremos un informe cos datos recollidos, que trasladaremos ás familias e tamén ao centro e ás instancias pertinentes para que sexan tidos en conta na configuración do proxecto educativo do centro.
Axudádenos a difundir para que teñamos a máxima participación.
Grazas e saúdos,
A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro