A ANPA do IES do Milladoiro organiza:
Charla sobre profesións tecnolóxicas
Profesionais do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius) e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría falarán sobre Intelixencia Artificial, realidade virtual, blockchain e Internet das cousas.
FORMACIÓN PROFESIONAL DO SÉCULO XXI
Mércores, 19 de marzo de 2025 ás 18.00 h.
Aula 4 da Casa de Cultura do Milladoiroo
Todo o mundo está invitado: rapazada de calquera centro educativo, familias, profesorado, equipo directivo, orientación ou calquera persoa que estea interesada en saber máis sobre o tema.
Unha estupenda oportunidade para que o alumnado do IES coñeza de primeira man a realidade cotiá nalgunhas profesións do eido tecnolóxico.
Se non es de ciencias, esta charla tamén é para ti. Lembra que a tecnoloxía está omnipresente nas nosas vidas polo que sempre convén saber máis sobre o tema.
