Saltar ao contido

28 DE FEBREIRO 2026 – MOBILIZAMONOS POLA INCLUSION NO ENSINO PUBLICO

    O vindeiro 28 de febreiro celebrarase en Compostela a Manifestación Nacional pola inclusión real no ensino público galego, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

    A mobilización sairá ás 12:00 horas desde a Alameda (Compostela) baixo o lema “Por unha inclusión real no ensino público galego”, poñendo no centro a necesidade dunha atención efectiva á diversidade e de máis recursos para garantir unha escola pública verdadeiramente inclusiva.

    Desde a defensa das ANPAs do ensino público, consideramos fundamental que as familias esteamos presentes. A atención á diversidade, os recursos humanos suficientes e unha inclusión real son cuestións que afectan directamente ao noso alumnado e ás nosas comunidades educativas.

    A forza das familias organizadas é clave para conseguir cambios reais.

    Contamos convosco!