Saltar ao contido

6 DE MAIO 2026 MOBILIZACION POLO ENSINO PUBLICO

    A Educación Pública Galega está nun momento crítico e non podemos quedar de brazos cruzados. Nos nosos centros de educación a realidade é alarmante: faltan recursos, os espazos son insuficientes e o persoal de orientación e apoio está totalmente desbordado.
    Porque isto nos afecta a todas?
    *Estudantes:* porque tedes dereito a unha formación de calidade e a que o profesorado teña tempo real para atender as vosas dúbidas e necesidades.
    *Familias:* porque non se está garantindo a igualdade de oportunidades nin a atención á diversidade que a lei esixe.
    *Veciñanza:* porque un pobo sen unha educación pública forte é un pobo con menos futuro.
    Hoxe, o *tempo de atención individual* na aula redúcese a *apenas 1 minuto por estudante* . Non podemos permitir que o ensino se converta nunha “carreira de obstáculos” por falta de investimento.
    🗓️ O vindeiro *6 de maio* ás *19:00 horas* hai mobilizacións en toda Galicia.
    📍 En *Compostela* imos facer ruído para que nos escoiten na Consellería!
    🚩 *Únete ás 19:00 na Praza Roxa!!*
    Fai falta que veñas ti, as túas amizades, os teus compañeiros e compañeiras, a túa familia e toda a xente que crea que a educación non é un gasto, é un investimento no noso futuro.
    Estudantado, profesorado, familias e veciñanza unidas! 🤝
    📢 COMPARTE ESTA MENSAXE! O 6 de maio, que non falte ninguén.
    A EDUCACIÓN PÚBLICA DEFÉNDEMOLA ENTRE TODAS E TODOS! 📚🔥