Saltar ao contido

ANPA DO IES DO MILLADOIRO

 

Subvencións para actividades realizadas en 2022 e 2023

Estimadas familias:

Desde o ANPA do IES do Milladoiro queriámosvos comunicar que parte das actividades desenvolvidas durante o presente 2023, foron subvencionadas polo Concello de Ames, ao amparo da convocatoria publicada en xuño de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por Anpas dos centros educativos de Ames no exercicio 2023.

O importe concedido a esta ANPA para o 2023 foi de 3.265,12 euros e as actividades financiadas foron as clases extraescolares de inglés, a elaboración de orlas dos cursos 4º ESO e 2º BACH e, ademais, pequenas achegas económicas ao entroido intercultural e á feira das profesións que se levaron a cabo no IES de Milladoiro.

Queremos agradecer á Directiva anterior, en especial a Rosa e a Angel, as xestións realizadas para conseguir colaboración financeira, e por suposto ao Concello de Ames, dado que sen este tipo de axudas é complicado realizar actividades.

Por último, informarvos que tamén no mes de novembro o Concello de Ames ingresou a contía concedida á nosa ANPA, ao amparo da subvención correspondente ao exercicio 2022, por un importe de 3427,13 euros.

Saúdos,

Ler máis na web do Concello: https://www.concellodeames.gal/gl/novas/anpas-de-ames-van-recibir-40000-euros-en-subvencions-para-actividades-realizadas-en-2022-e

Quen somos

Somos unha Asociación sen ánimo de lucro pertencente ao ámbito da Comunidade Educativa, integrada por todos aqueles pais e nai de alumnos que voluntariamente desexen asociarse compartindo, participando e impulsando o noso proxecto.

Os nosos obxectivos son:

  • Defender os intereses das familias dos alumnos e alumnas.
  • Asesorar, orientar e axudar as familias, na defensa e exercizo dos dereitos dos alumnos/as e o mellor cumprimento dos seus deberes.
  • Promover que as autoridades competentes adopten medidas para a permanente mellora da educación do alumnado e do centro educativo.
  • Representar os pais e nais de alumnos e alumnas.
  • Desenvolver actividades formativas dirixidas tanto ás familias, como ao alumnado.

O que facemos

Para cumprir os nosos obxectivos somos canle de diálogo entre os pais e as nais dos alumnos e as autoridades educativas estando en constante comunicación co Centro educativo a fin de desenvolver todas aquelas actividades que contribúan ao logro da mellora continua da educación. Organizamos actividades formativas extraescolares sobre os máis diversos temas estando abertos a calquera suxestión que os nosos asociados poidan facernos chegar. De igual forma contribuímos a outras actividades que aumentan o grao de satisfacción da comunidade educativa (participación en gradacións, orlas, etc.).

Xunta Directiva

Como todas as Asociacións, a nosa ANPA legalmente necesita unha serie de persoas que voluntariamente e sen remuneración de ningún tipo se ofrezan a representala. Estas persoas son confirmadas pola Asemblea de socios e desenvolven as súas funcións no marco dos Estatutos que regulan o funcionamento da Asociación. A nosa actual Xunta directiva está formada por:

  • Presidencia: Mª Belén Carneiro
  • Vicepresidencia: Rebeca Piñeiro
  • Secretaría: Juan Manuel Oliveira
  • Tesouraría: Marta Rodríguez
  • Vogalías: Verónica Vargas, Marisa González, Susana Fernández, Manuel Casal e Fernando A. Pizarro.

Beneficios e procedemento para se asociar

Cada familia ten unha motivación para asociarse pero o nexo común que nos debe unir é a preocupación pola mellora continua da educación logrando o desenvolvemento das oportunidades para os nosos fillos.