Saltar ao contido

Subvencións actividades

Subvención para actividades realizadas no 2025

Estimadas familias:

Desde a ANPA do IES do Milladoiro queremos comunicarvos que gran parte das actividades desenvolvidas durante o ano 2025 foron financiadas con cargo á axuda concedida polo Concello de Ames, ao abeiro da convocatoria publicada no BOP núm. 129, do 09.07.2025, para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos de Ames no exercicio 2025.

O importe da subvención concedida a esta ANPA é de 3.000,00 euros, á espera de que se avalíe o gasto das actividades que se realizaron conforme ao proxecto presentado.

Entre as actividades financiadas con esta axuda atópanse a elaboración das orlas dos cursos de 4º da ESO e 2º de Bacharelato, o financiamento das celebracións do Samaín e do Entroido intercultural, colaboracións en formación para a orientación laboral do alumnado a través de actividades como a Feira das Profesións e a promoción da convivencia en encontros como os proporcionados en “A Grande Festa da Luz”.

Queremos agradecer de corazón ao Concello de Ames o seu apoio e colaboración, que nos axudan a seguir mellorando o noso centro e a convertelo nun lugar cada día mellor.

GRAZAS CONCELLO DE AMES

 

https://www.concellodeames.gal/es/noticias/aberto-o-prazo-de-solicitude-de-axudas-para-promocion-de-actividades-organizadas-polas-0

Subvención para actividades realizadas no 2024

 

Prezadas familias:

Dende o ANPA do IES do Milladoiro querémosvos comunicar que parte das actividades desenvolvidas durante o ano 2024 foron financiadas con cargo á axuda concedida polo Concello de Ames, ao amparo da convocatoria publicada o 9 de maio de 2024, para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos de Ames no exercicio 2024.

O importe da subvención concedida a esta ANPA é de 3.086,89 euros, a expensas de que se xustifique o gasto das actividades que se realizaron conforme ao proxecto presentado. Unha vez realizada a acreditación, aplicarase o coeficiente de financiamento sobre o gasto validamente xustificado, co fin de determinar o importe final da subvención.

Entre as actividades financiadas con esta axuda atópanse a elaboración de orlas dos cursos de 4ª da ESO e 2ª de BACH, ademais dunha pequena achega económica ao entroido intercultural, colaboracións con actividades/formación en materia de convivencia e outras celebracións levadas a cabo no centro como a do X aniversario do IES ou “A Grande Festa da Luz”.

Queremos, un ano máis, agradecer ao Concello de Ames, dado que sen este tipo de axudas é complicado levar a cabo actividades.

 

https://www.concellodeames.gal/es/noticias/o-concello-de-ames-aproba-concesion-de-20940-euros-en-axudas-para-adquisicion-de-material

 

Subvencións para actividades realizadas en 2022 e 2023

Estimadas familias:

Desde o ANPA do IES do Milladoiro queriámosvos comunicar que parte das actividades desenvolvidas durante o presente 2023, foron subvencionadas polo Concello de Ames, ao amparo da convocatoria publicada en xuño de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por Anpas dos centros educativos de Ames no exercicio 2023.

O importe concedido a esta ANPA para o 2023 foi de 3.265,12 euros e as actividades financiadas foron as clases extraescolares de inglés, a elaboración de orlas dos cursos 4º ESO e 2º BACH e, ademais, pequenas achegas económicas ao entroido intercultural e á feira das profesións que se levaron a cabo no IES de Milladoiro.

Queremos agradecer á Directiva anterior, en especial a Rosa e a Angel, as xestións realizadas para conseguir colaboración financeira, e por suposto ao Concello de Ames, dado que sen este tipo de axudas é complicado realizar actividades.

Por último, informarvos que tamén no mes de novembro o Concello de Ames ingresou a contía concedida á nosa ANPA, ao amparo da subvención correspondente ao exercicio 2022, por un importe de 3427,13 euros.

Saúdos,

Ler máis na web do Concello: https://www.concellodeames.gal/gl/novas/anpas-de-ames-van-recibir-40000-euros-en-subvencions-para-actividades-realizadas-en-2022-e